ALDEA DE ROMEOR

Etnográfico
1812

Localización

Parroquia: Esperante (San Pedro)

Lugar: Romeor

27324  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 38' 25.0" N - 7º 05' 40.9" W

Descrición

A aldea de Romeor, emprazada a dez quilómetros de Seoane, nun lugar de incalculable beleza ecolóxica, destaca por presentar algunhas construccións de esquinas redondeadas, máis típicas de O Cebreiro.
Nesta zona podemos visitar un acueducto. Segundo se explica nun cartel informativo que se pode ver diante desta construcción, os romanos denominaban ás terras de O Caurel, "Terra de Ouro". Esto é debido a que nesta serra se encontraron explotacións auríferas moi importantes para O Imperio Romano. Para conducir as augas ata as explotacións de ouro, que funcionaban debaixo de Millares e do lado de Mostaz (Turubio), púxose en marcha unha complexa rede hidráulica da que forma parte un canal chamado A Antiga. Este acueducto empezaba a súa recollida na Devesa de San Pedro, continuando a captación de augas para conducilas ó lado de Mostaz. Os traballos se realizaban servíndose da poboación da zona, os condenados a minas, escravos e prisioneiros de guerra, baixo a supervisión de emprazamentos militares. Os "Procuratores Metallorum" eran os encargados de administrar os distritos mineiros. As demolicións facíanse a ceo aberto, co uso alternativo de fogo e auga ata agretar a roca.
Nesta poboación de O Caurel aínda están en funcionamento un muíño e un forno.
Romeor está rodeado por un denso bosque que agatuña polas ladeiras do norte de Cabeza do Couto e Cabeza Grande. Esta devesa é tres veces máis pequena que a de A Rogueira e menos madura, pero mantén unha riqueza biolóxica similar, con bidueiros nas partes altas, carballos, pradairo, teixos e incluso faias. O mellor son as carballeiras.
Observando a vexetación, vese que se trata dunha zona de orientación sur, xa que abunda o ourego, os amorodos, as milfollas, o tomentelo ou as pelosiñas". As nogueiras e as cerdeiras fálannos da antiga presencia do home no lugar. Por esta zona, dunha impresionante beleza xeolóxica, existen restos de morenas glaciares.

Acceso

Dende a capital municipal, Folgoso, tómase a estrada cara a Seoane. En Seoane tórcese á dereita hacia Visuña/Romeor.
Arriba
Axúdanos a mellorar!