ALDEA DE VILAR

Etnográfico
293

Localización

Parroquia: Vilamor (San Vicente)

Lugar: Vilar

27325  Folgoso do Courel - Lugo

Coordenadas:
42º 33' 03.9" N - 7º 13' 58.2" W

Descrición

O lugar de Vilar é un exemplo representativo de aldea caurelana. Ducias de vivendas da localidade son de lousa e están tan pegadas unhas as outras, que incluso comparten o tellado. Pódense ver entradas sinxelas ou con patín e vellos sobrados de madeira. A gran maioría destas casas están en moi mal estado, pero aínda así merece a pena ver a aldea e as súas estreitas rúas de chans pedregosos, con seu encanto particular. Tamén hai fontes cubertas de dobre caño.
No Lugar de Vilar tamén podemos visitar "a Casa do Ferreiro" cunha singular mostra de "Trebellos e Aparellos" típicos da zona.
Cruzando a aldea e seguindo un pequeno sendeiro, achegámonos ó Castro de Vilar. Este conserva a configuración dun castro prehistórico. Este xacemento arqueolóxico está situado enriba dun esporón, nun meandro que fai o río Lor. É un dos máis grandes de todo O Caurel. Pertence á serie de castros altos que defenden o camiño da marxe esquerda do río.

Acceso

Dende a capital municipal, Folgoso, tómase a estrada cara a Vilamor/Froxan. A 4 quilómetros tomamos o desvio A Campa/Vidallón/Vilar. Pasada A Campa encontraremos o desvio a Vilar.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.
Última actualización: 08/08/2018
Arriba