MUSEO XEOLÓXICO

Museos e coleccións
857
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Quiroga (San Martiño)

Rúa do Courel s/n

27320  Quiroga - Lugo

Coordenadas:
42º 28' 39.3" N - 7º 16' 11.5" W

Descrición

O Xeoparque Montañas do Courel engloba aos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, no sur da provincia de Lugo, e constitúe un dos grandes valores naturais e culturais de Galicia (noroeste de España). Nos seus 578 Km2 de extensión, este territorio comprende dende o val do río Sil no sur, onde se asentan as poboacións máis grandes, ata as montañas do Courel no norte, onde se agachan máis de 100 suxestivas aldeas tradicionais. 
As montañas do Courel atesouran un rico e variado Patrimonio Xeolóxico estreitamente relacionado co aproveitamento das rochas de construción, minerais industriais e outros recursos xeolóxicos, xa dende a Prehistoria. Este Patrimonio Xeolóxico é de marcado carácter tectónico e xeomorfolóxico, no que sobresae a nivel internacional o Global Geosite denominado: dobras deitadas das Montañas do Courel.
O Museo Xeolóxico é un dos piares do Xeoparque Mundial UNESCO Montañas do Courel e forma parte da súa rede de museos e centros de interpretación como son, a Aula da Natureza da Devesa da Rogueira en Moreda, o centro de interpretación das covas de Meiraos, o centro de interpretación da minería aurífera romana de Ribas do Sil en San Clodio, centro de interpretación do río Sil en Torbeo e Museo Etnográfico do Concello de Quiroga.
O museo Xeolóxico de Quiroga inclúe os contidos máis representativos da contorna ordenados do máis antigo ao máis moderno, en cinco salas temáticas cuxo contido é o seguinte:
 -A formación xeolóxica de Galicia: O sinclinal das montañas do Courel e as rochas do Xeoparque.
- Historia paleontolóxica de Galicia, a evolución da vida. O rexistro fósil do Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel.
- Os cambios climáticos cuaternarios nas Montañas do Courel. As pegadas da última glaciación.
- As primeiras ocupacións humanas de Galicia. Elba, muller de 9.500 anos que viviu nas montañas do Courel.
- Minería antiga e recente no Xeoparque.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Aparcamento
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!