ÁREA DE OUROL

Áreas de Autocaravanas
1314

Localización

Parroquia: Ourol (Santa María)

Lugar: Ourol

Rúa: Área recreativa de Ourol s/n

27865  Ourol - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 53.5" N - 7º 38' 36.3" W

Descrición

Este área forma parte dos diferentes servizos que ofrece a área recreativa, ten 8 amplas prazas de aparcadoiro e por cada dous prazas conta cun borne servizo de baleirado de augas negras, dúas billas (un para o wc e outro para a auga potable) e unha cavidade con tapa para depositar as bolsas do lixo e toma de electricidade para cada praza.
A área recreativa conta con mesas e bancos, parque infantil, aparatos de ximnasia e zonas verdes para o esparexemento. A 100 m. está a piscina municipal que abre en tempada estival e cunha tarifa de 2 € por persoa. A hostalaría e os demais servizos están no centro de Ourol, a 250 m. A gasolineira máis próxima está en Viveiro a 15 km.
Toda a zona é un marco natural idóneo para a práctica de actividades ao aire libre como sendeirismo pola vertente norte da Serra do Xistral, pesca fluvial nas concas altas dos ríos Lando e Sor etc.

Estancia máxima de 48 horas

Acceso

Pola LU-540 dirección Ourol-Viveiro, tomamos a desviación a Ourol e a 300 m. está a área de autocaravanas, tamén podemos seguir os paneis indicadores da área de autocaravanas.

Máis información

Horas de estanza: 48
Número de Prazas: 8

Clasificación

Áreas públicas

Servizos de Autocaravanas

Área gratuita
Auga potable
Conexión eléctrica
Posibilidade de pernocta
Vaciado de augas grises
Vaciado de augas negras
Zona de picnic
Zona de xogos para nenos
Arriba
Axúdanos a mellorar!