CLUB NÁUTICO DE RIBADEO

Instalacións náuticas
1884
Bandeira azul
Galicia Calidade
Calidade Turística
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Peirao de Porcillán

27700  Ribadeo - Lugo

Coordenadas:
43º 32' 43.9" N - 7º 02' 24.0" W
+34 982 120 428
+34 648 958 143
+34 982 131 144

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Navegación

Aproximación de noite: Procederemos de igual xeito tendo en conta o balizamento: Ao achegarnos desde Asturias deixaremos por babor a luz do faro de Tapia (GpD(2+1)B 19s 24m, 18M); se o facemos desde Galicia colocarémonos con axuda do faro de San Cibrao (GpD(5)B 20s 41m 20M). Unha vez esteamos situados na oposición faro de Ribadeo (GpD(3+1)B 20s 28m 21M) e Punta da Cruz (GpD(4)R 11s 18m 7M) poderemos buscar a primeira enfilación luminosa, a da Punta Arroxo, que nos traza o Rv: 140º (Anterior IsoR 20m 5M e posterior a 228 m da anterior OcR 4s). A segunda enfilación, no propio peirao de Porcillán, traza o Rv: 205º para pasar entre os piares da ponte. A luz anterior é do tipo RpR 0,6s 10m 3M e a posterior, a 177,7 m da anterior, OcR 2s 20m 3M. Os piares 3º e 4º da Ponte dos Santos (entre os que debemos pasar) están balizados: o de babor GpD (4)R 11s 10m 4M e o de estribor GdD(2)V 7s 10m 4M. A entrada na dársena de Porcillán, onde se encontra o porto deportivo, está balizada por DV 5s e DR 5s.
Aproximación de día: Para entrar a porto a aproximación debe realizarse tendo a Illa Pancha (onde se encontra o Faro de Ribadeo) a unha milla e ao 186º, momento no que poderemos trazar a enfilación Punta Castrelius - Punta Castropol (Rv=170º). Unha vez esteamos na oposición Faro de Ribadeo - Punta da Cruz poremos rumbo a Punta Arroxo (Rv=140º) ata estar na oposición Punta da Cruz – Peirao de García (o do propio Club Náutico). A partir deste intre navegaremos ao 205º ata pasar entre o terceiro e cuarto piar (contando do E ao W) da Ponte dos Santos,que une o Principado de Asturias con Lugo e, unha vez pasado este,poremos rumbo ao espigón que protexe o Club Náutico e que serve ademais como peirao de espera.

Características

Máxima eslora recomendada (m): 35
Nº de amarres fixos: 620
Nº de amarres transeuntes: 124
Grúa (tn): 9
Calado dársena (m): 4.6
Calado bocana (m): 5
Anchura bocana (m): 170
Pórtico elevador (tn): 35

Cartas náuticas

Admiralty: 1108,1122
I.H.M.: 4071,932
SHOM: 6383

Servizos das instalacións

Aduana
Aparcadoiro
Auga en amarre
Bar-Restaurante
Capitanía
Club de mergullo
Club de vela
Combustible Diésel
Combustible Sen Chumbo
Combustible Súper
Duchas e WC
Estaleiro
Iluminación nocturna
Información meteorolóxica
Luz en amarre
Mecánico motor e electricista
Peirao de espera
Radio (VHF 9)
Rampla de varado
Recarga botellas de mergullo
Recollida de lixo
Servicio Marpol
Taxi
Teléfono público
Tratamentos no casco
Varadoiro pnas. embarcacións
Xeo
Actividades e deportes Instalacións náuticas Instal. náutico deportivas.Marítima
Arriba
Axúdanos a mellorar!