IGREXA PARROQUIAL DE SAN SALVADOR DE PAZOS DE ARENTEIRO

Relixioso
301

Localización

Parroquia: Pazos de Arenteiro (San Salvador)

Lugar: Pazos de Arenteiro

32514  Boborás - Ourense

Coordenadas:
42º 23' 54.4" N - 8º 08' 43.3" W

Descrición

A igrexa románica de San Salvador, s. XII, é un impoñente edificio que conta cunha única nave, ábsida semicircular e dúas capelas de construción no século XV e XVI. No seu interior destaca o Retablo dos Aroúxeles do Mestre de Sobrado e  a Virxe do Leite do s. XVI. No exterior a portada románica é un gran expoñente deste estilo ao igual que a ábsida e a portada renacentista. A igrexa conta con comunicación directa co Pazo da Encomenda, antiga sede da Orde do Santo Sepulcro e máis tarde da de San Xoán de Xerusalén. Esta edificio relixioso atopase dentro do Conxunto Histórico Artístico de Pazos de Arenteiro, único declarado nunha aldea en Galicia. 

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 27/11/2018
Arriba