MUSEO DO MAR DE GALICIA

Museos e coleccións
1828
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Alcabre (Santa Baia)

Rúa: Avda. Atlántida 160

36208  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 13' 26.6" N - 8º 46' 11.9" W

Descrición

O museo, situado sobre un cabicastro, cun depósito arqueolóxico singular e rodeado por vilas romanas dedicadas á salgadura do peixe, aproveitou os restos dunha construción anterior para materializar a súa impresionante arquitectura. Pódense visitar os restos do castro. Así mesmo, a primeira sala do museo é de acceso público e gratuíto e funciona a modo de peirao. A exposición permanente está dividida en dúas seccións. A primeira fai un percorrido exhaustivo pola historia da industria pesqueira de Galicia baseada na extracción dos recursos, a súa conservación e a súa comercialización. A segunda sección olla cara ao futuro da pesca galega, explica os métodos de captura e fala das causas oceanográficas, biolóxicas, xeolóxicas e climáticas que condicionan a presenza de zonas de pesca. As pezas estrela da exposición son un acuario no que se reproducen os 3 ecosistemas principais das rías galegas e unha maqueta a gran tamaño dunha batea.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/mar-galicia

Tipos de servizos

Acceso a minusválidos
Aparcamento
Patrimonio cultural Museos e coleccións Museos e coleccións visitables
Data de recollida inicial: 31/03/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!