GR 58 SENDEIRO DAS GREAS

Sendeirismo
No Camiño de Santiago
1191

Localización

Pontevedra

Baiona | Fornelos de Montes | Gondomar | Mos | Nigrán | O Porriño | Oia | Pazos de Borbén | Ponteareas | Redondela | Salceda de Caselas | Soutomaior | Tui | Vigo

Coordenadas:
42º 13' 28.0" N - 8º 38' 08.9" W

Descrición



Interese xeral / paisaxístico
O máis longo dos sendeiros de Gran Percorrido en Galicia discorre por todos os municipios da Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Son moi numerosos os atractivos ambientais, atravesando paraxes de gran beleza onde non faltan bos exemplos de arquitectura popular como os muíños da Devesa, carballeira de Barragán, fraga e ribeiras de Couñago, foxo de lobos (antiga trampa para cazar estes animais), bosque das ribeiras do río Borbén, o río Zamáns e os muíños das Maquías, marismas do Miñor, a costa acantilada de Baiona, a fraga de Oliveira.... Sen esquecerse de importantes construcións que axudan a interpretar a cultura destas terras, como o conxunto megalítico de Monte Penide e a mámoa do Rei, o castro de Chandebrito, o castelo de Soutomaior ou edificios de singular factura como os pazos de Pegullal, Aballe e Picoña, no municipio de Salceda de Caselas.

Os miradoiros desta rota descobren os mellores recunchos do sur da provincia de Pontevedra. Seguindo o sentido das agullas do reloxo atopámonos coa enseada de San Simón, o canón do río Oitavén, o val do río Borbén, enseada de Baiona e a península de Monteferro coas illas Cíes como pano de fondo, pertencentes ao novo Parque Nacional marítimo-terrestre das Illas Atlánticas.

As montañas manifestan a súa presenza nas serras do Suído, O Galiñeiro e A Groba como silenciosos vixilantes do camiño.

Acceso

Por autoestrada ata o aeroporto de Vigo ou numerosos accesos ó longo do percorrido.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Material

Materiais: Se se pretende realizar tramos longos, recoméndase ir ben equipado: bo calzado, botas de montaña, mochila, roupa de abrigo, alimentos enerxéticos e, aínda que a auga é abundante ao longo do itinerario, a cantimplora sempre chea.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Máis información

Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo. Vía da Hispanidade, 17. 36203 Vigo Federación Galega de Montañismo Edificio das Federacións Deportivas Galegas Rúa Fotógrafo Luis Ksado, 17, of. 10. 36209 Vigo Tel.: 986 208 758 / Fax: 986 207 407 e-mail: info@fgmontanismo.com www.fgmontanismo.com

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

Cartografía: Nº 185-IV Soutomaior, 186-III Ponte-Caldelas, 223-II Redondela, 223-III Vigo, 223-IV Mos, 224-I Barc

Acceso en bicicleta

Apto parcialmente

Acceso a cabalo

Apto parcialmente

Punto de partida/chegada

Punto de chegada: Baiona - UTM:29T X: 512160 Y: 4663340
Confurco - UTM:29T X:534940 Y:4669400
Soutomaior - UTM:29T X:535655 Y:4687750
Peinador - UTM:29T X:530240 Y:4674845
Punto de partida: Vigo, nun punto próximo ao aeroporto e ao Recinto Feiral.

Links

Percorrido

Recorrido: Atravesa os termos municipais de Vigo, Reondela, Soutomaior, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Mos, Ponteareas, O Porriño, Salceda de Caselas, O Porriño, Tui, O Porriño, Gondomar, Baiona, Nigrán e Vigo.

Servizos

Descrición servizos: En numerosas poboacións próximas ao sendeiro.

Perfil altitudinal

Altura mínima sobre o nivel do mar: 0 m.
Altura máxima sobre o nivel do mar: 766 m.
Desnivel acumulado baixando: 6632 m.
Desnivel acumulado subindo: 6632 m.

Dificultade

Media

Lonxitude

Lonxitude descrición: O sendeiro principal ten 206 km e as variantes GR 58.1, 58.2, 58.3 e 58.4 esténdense por 0,9, 4,2, 20,4 e 15,5 km de lonxitude respectivamente.
Lonxitude (Km.): 247.0

Duración

Duración (horas): 70

Tipo de percorrido

Gran percorrido
Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.

Plano

Última actualización: 05/06/2017
Arriba