FUNDACIÓN PÚBLICA GALEGA CAMILO JOSÉ CELA

Museos e coleccións
2247
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Iria Flavia (Santa María)

Lugar: Iria Flavia

Rúa: Santa María 22

15917  Padrón - A Coruña

Coordenadas:
42º 44' 45.1" N - 8º 39' 21.2" W

Descrición

A Fundación ocupa catro das oito casas do conxunto denominado Casas de los Canónigos en Iria Flavia-Padrón. Nestas dependencias, que levan o nome doutros tantos escritores padroneses (salvo a Casa-Museo, atópanse as aulas de Juan Rodríguez del Padrón, Macías O Namorado e Nicasio Pajares) consérvase un inxente legado que Camilo José Cela doou a Galicia: obxectos relacionados coa vida e a obra do escritor, pinacoteca, biblioteca, hemeroteca, epistolario etc. A Fundación tamén inclúe o Museo Ferroviario «John Trulock», avó materno do premio Nobel Camilo José Cela, xerente da compañía The West Galicia Railway Company, que instalou a primeira liña férrea nesta comunidade entre Santiago de Compostela e Carril (Pontevedra). Uniformes, obxectos persoais e outros relacionados co ferrocarril son algúns dos seus atractivos. No xardín exterior da Casa-Museo pódese visitar a locomotora de vapor chamada «Sar», bautizada familiarmente como «Sarita», e que se trata dunha das primeiras locomotoras que circulou polas vías do avó Trulock.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Máis información

https://museos.xunta.gal/gl/casa-cela

Tipos de servizos

Tenda
Data de recollida inicial: 31/12/2012
Arriba
Axúdanos a mellorar!