SARRIA

Centros históricos
No Camiño de Santiago
1341

Localización

Coordenadas:
42º 46' 39.9" N - 7º 24' 49.5" W

Camiños de Santiago

Camiño Francés

A non perder

Festas de San Xoán, durante cinco días a vila vístese de festa e as actividades lúdicas e de lecer son a nota predominante, con música, verbenas, corridas de touros e actos relixiosos e deportivos. Comezan o 21 de xuño, día da Mocidade, continúan cos días da Comarca, da Fogueira e do Padrón e rematan co día da Desfeita (25 de xuño).

Para coñecer

Igrexa de San Salvador, a construcción actual data do século XIV, aínda que foi erixida sobre outra anterior. Presenta elementos románicos e góticos. Destacan as románicas ábsida semicilíndrica e portada lateral que mira ao norte. No seu tímpano hai unha imaxe de Cristo pantocrátor coa man esquerda aberta e a dereita bendicindo. As ferraxes desta porta son de orixe medieval. A porta principal é de estilo oxival. En fronte desta igrexa sitúase o Antigo Hospital de Santo Antonio, que hoxe é ocupado pola sede do Xulgado; o edificio foi construído a mediados do S. XVI, aínda que coñeceu certas reformas con posterioridade. Nel podían pasar a noite os peregrinos que regresaban de Compostela se presentaban a Compostelá, e ademais eran recompensados con oito marabedís para afrontar a mantenza na volta ós seus lugares de orixe.

Convento de los Mercedarios o de la Magdalena, construído entre os s. XIII e XIV, aínda que reedificado no XVI. Por iso mestura varios estilos; a súa fachada é plateresca, o claustro é gótico e a chamada Porta dos Carros e o campanario son barrocos.

Tamén é interesante a sinxela e bonita Capela do antigo Hospital de San Lázaro, do s. XVIII.

A parte alta da vila é un lugar moi agradable e evocador, onde se conserva a torre grande da vella fortaleza de Sarria. A fortaleza foi erixida no s. XIII, destruída polos Irmandiños (s. XV) e reconstruída despois. A magnífica torre grande que queda en pé ten 14 m de alto e accedese a el por unha escaleira situada no lenzo da muralla. ao seu pé puxéronse dous antigos escudos dos Lemos e dos Castro.


Aldea singular

Sarria é unha vila unida á tradición xacobea ao ser atravesada polo Camiño de Santiago, sendo a localidade máis poboada do Camiño Francés en Galicia. Está a 111 km de Santiago, polo que xa é un punto válido para peregrinar a pé a Santiago e obter a Compostelá, a credencial de ter feito o Camiño durante máis de cen quilómetros. Xa que logo, o visitante non debe perder a oportunidade de facer un treito do Primeiro Itinerario Cultural Europeo.


Lembra que pode haber recursos que non estean xeorreferenciados e, polo tanto, non os esteas visualizando.
Última actualización: 04/05/2015
Arriba