CAPELA XERAL DE ÁNIMAS

Relixioso
2882
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Casas Reais, s/n

15704  Santiago de Compostela - A Coruña

Coordenadas:
42º 52' 54.3" N - 8º 32' 30.4" W
+34 981 574 638

Descrición

Templo sufragado pola Confraría Xeral de Ánimas da cidade de Santiago (fundada en 1655) que compra o soar onde antes se situaba un Hospital e Seminario. Constrúese entre 1784 e 1788 segundo planos de Miguel Ferro Caaveiro e dirección de obra de Juan López Freire. É de planta rectangular con muros de cadeirado en granito e cuberta a dúas augas de tella. Ten unha única nave, cuberta con bóveda de canón, e tres capelas laterais, unidas entre si, a cada lado e presbiterio con capela maior rectangular, máis estreita que a nave. A monumental fachada atribúese a Melchor de Prado. A sobriedade do frontis enmárcase con dous pares de columnas de orde xigante con fustes lisos e capiteis xónicos, elevadas sobre altos pedestais. Sosteñen un cornixamento liso rematado por un frontón recto. Sobre a porta un altorrelieve coas Ánimas do Purgatorio e un óculo circular. Rematan o frontón dous anxos adorando a Cruz. No interior, as capelas laterais amóblanse con baixorrelevos policromados representando escenas da Paixón de Cristo. Tamén contén pinturas murais ao fresco de Prácido Fernández Arosa con escenas do Lavatorio e a Última Cea. No interior da igrexa pódese contemplar unha exposición, principalmente de arte sacra, que forma parte dun itinerario museográfico integrado tamén polas exposicións das igrexas de S. Bieito do Campo e Sta. María do Camiño.
Subrecurso asociado: Colección de Arte Sacra de Ánimas, S. Bieito e Sta. Mª do Camiño

Acceso

Núcleo urbano. Casco histórico.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Camiño de Inverno
Camiño do Norte
Camiño Francés
Camiño Inglés
Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa
Camiño Primitivo
Ruta do Mar de Arousa e Ulla
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!