IGREXA DE SAN XOÁN

Relixioso
1408

Localización

Parroquia: Ribadavia (San Domingos)

Lugar: Ribadavia

Conxunto histórico de Ribadavia

32400  Ribadavia - Ourense

Coordenadas:
42º 17' 16.9" N - 8º 08' 36.9" W

Descrición

Foi levantada no século XII, baixo a xurisdición dos Cabaleiros da Orde Militar e Hospitalaria de San Xoán de Xerusalén, dedicados á atención dos peregrinos que visitaban Santiago procedentes de Braga e o interior de Portugal.
Á igrexa románica é un dos escasos templos medievais de Galicia no que o óculo foi substituído por unha ou dúas fiestras máis ou menos importantes. A súa parte exterior é dunha gran riqueza artística.

Sobre a porta deste segundo edificio pódese ver o símbolo da Orde, unha cruz labrada de oito puntas.
Neste conxunto destaca a rica e variada decoración dos seus canzorros, ventás e portas. Xa no seu interior, admiraremos a bóveda de medio canón, o retablo barroco de San Miguel e a imaxe da Virxe das Angustias. Na porta lateral que leva ao xardín da reitoral pola súa parte exterior posúe un fermoso arco todo decorado.
Pódese visitar permanentemente as 10:00 e 20:00 horas.

Acceso

Na praza de San Xoán, no centro histórico de Ribadavia.
Arriba
Axúdanos a mellorar!