MOSTEIRO DE SAN XOÁN DE POIO

Relixioso
12622

Localización

Parroquia: Poio (San Xoán)

Lugar: O Convento

Praza do Convento 2

36995  Poio - Pontevedra

Coordenadas:
42º 26' 47.0" N - 8º 41' 06.0" W
98677000

Descrición

No mosteiro mercedario de San Xoán de Poio destaca a igrexa construída no século XVII e que reflicte o gusto pola conxugación de formas clasicistas e barrocas. No seu interior existe un belo retablo do século XVIII, de estilo "churrigueresco", e na nave esquerda está o sepulcro de Santa Trahamunda (moi venerada no municipio). Tamén é destacable o claustro das procesións (século XVI), cunha fonte barroca e unha orixinal escaleira. E o claustro do cruceiro (século XVIII) co seu impresionante mosaico do Camiño de Santiago de 200 m2. de lonxitude. Tamén cabe destacar a súa biblioteca, o museo de mosaicos, a "Escola de Canteiros" ou a sede dos cursos da Universidade de Verán. Na actualidade está dedicado o convento a hospedaxe turística rexida polos monxes.

Acceso

Saíndo da cidade de Pontevedra en dirección a Sanxenxo, pola estrada PO-308, a 2 km colleremos un desvío á dereita que nos levará directamente ao Mosteiro, situado a uns 500 metros do cruzamento.

Estilos

Barroco
Renacentista

Orden Relixiosa

Mercedarios
Benedictinos

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!