IGREXA PARROQUIAL DE SAN VICENTE DE BARRANTES

Relixioso
934

Localización

Parroquia: Barrantes (San Vicente)

Lugar: O Mosteiro

36749  Tomiño - Pontevedra

Coordenadas:
42º 00' 55.0" N - 8º 45' 47.0" W

Descrición

Igrexa parroquial de estilo románico que foi igrexa dun antigo mosteiro. Segundo inscrición existente no seu muro norte, a súa realización estaría concluída cara a 1139 aproximadamente. Del referido mosteiro tan só consérvase a igrexa, e da obra primitiva desta, soamente pervive a ábsida e grande parte dos muros laterais. A ábsida resulta moi curiosa, semicircular ao interior e de dous corpos rectangulares graduados polo exterior, situados sobre tres rebancos graduados. A fachada norte áchase totalmente cuberta pola sancristía. Se pervive a do sur conservando todos os seus elementos románicos: aleiro en nacela sostida por seis canecillos decorados con motivos vexetais, zoomorfos e antropomorfos. O arco triunfal é de medio punto, dobrado e apeado en dúas columnas entregas. Os capiteis que as coroan presentan decoración vexetal. O tramo recto da ábsida cóbrese con bóveda de canón de cascallo e o tramo semicircular cunha bóveda de forno do mesmo material.
Arriba
Axúdanos a mellorar!