CAPELA DO DOCE NOME DE XESÚS

Relixioso
1076

Localización

Parroquia: Pías (Santa Mariña)

Lugar: O Outeiro

36895  Ponteareas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 12' 50.0" N - 8º 29' 24.0" W

Descrición

Capela situada no outeiro de Troña, rodeada pola citania do mesmo nome e flanqueada por dous cruceiros. Ten planta rectangular cunha soa nave teitada con bóveda de canón. Presenta unha dobre sancristía, unha de planta cuadrangular e outra rectangular, e unha especie de adro con piares monolíticos. Ao exterior, torre ou espadana no eixe da fachada, muros de irregular cadeirado, e cuberta a base de tella árabe a dúas augas.
Arriba
Axúdanos a mellorar!