IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE FONTES ROSAS

Relixioso
950

Localización

Parroquia: Fontes Rosas (San Xoán)

Lugar: A Cimadevila

15822  Touro - A Coruña

Coordenadas:
42º 51' 22.9" N - 8º 21' 16.9" W

Descrición

Construída no século XIX, ten unha soa nave de planta rectangular con cabeceira cadrada destacada, pilastras de esquina, e marqueado da porta liso. A tribuna presenta ventá cadrada e unha fornela para o santo entre a porta e a tribuna. A composición do campanario é rectangular, cun van de medio punto, cornixa e un frontón curvado con van tamén de medio punto, un pináculo a cada lado e cruz latina na cima. O exterior é de cantería granítica encalada.
Arriba
Axúdanos a mellorar!