IGREXA DE SANTA UXÍA DO ÉZARO

Relixioso
977
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: O Ézaro (Santa Uxía)

Lugar: Santa Uxía

15297  Dumbría - A Coruña

Coordenadas:
42º 55' 16.9" N - 9º 06' 14.0" W

Descrición

Igrexa do século XVIII, de estilo barroco, que presenta planta basilical. A capela maior sepárase da única nave mediante un arco triunfal sen decoración que está formado por un arco de medio punto apoiado sobre pilastras graníticas. A nave do templo está cuberta con bóveda de canón reforzada por tres arcos faixóns. Aos pés da nave aparece un coro alto de pequenas dimensións que comunica coa nave da igrexa mediante unha pequena escaleira. A igrexa cóbrese cun teitume a dúas augas que contribúe a reforzar a simplicidade de todo o conxunto construtivo.

Acceso

Saír de Dumbría pola DP-3404 cara á Serra de Outes. Máis adiante virar á dereita en dirección a Brens pola DP-2302. No seguinte cruzamento, xirar á esquerda cara a Santa Uxía e o miradoiro do Ézaro pola DP-2308. Atravesar os lugares de Anseán, Xestosa, As Covas e San Crimenzo para chegar a Santa Uxía. Alí, virar á esquerda ata o núcleo da poboación; a igrexa está ao final desta pista a carón do encoro de Santa Uxía.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía
Arriba
Axúdanos a mellorar!