IGREXA DE SAN SALVADOR DE VILAR DE DONAS

Relixioso
3672
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Vilar de Donas (San Salvador)

Lugar: Vilar de Donas

27217  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 53' 33.0" N - 7º 48' 33.9" W

Descrición

Igrexa románica do primeiro cuarto do s. XIII, declarada Monumento histórico-artístico, que formou parte do antigo mosteiro alí situado, pertencente á Orde de Santiago. De planta de cruz latina, con nave principal e cruceiro rectangulares, ábsida central semicircular e dúas absidiolas que dá á nave transversal. Frontis con bela portada de arco abucinado de medio punto, con catro arquivoltas sobre columnas con capiteis profusamente decorados. Coroada por tornachoivas sostido por elegante friso, sobre o que descansan as estatuas de S. Miguel, S. Bartolomé e a Virxe co Neno. Unhas arcadas exteriores perpendiculares á fachada, completan o monumento, fabricado con cadeirado granítico e cuberto con lousa. Interior: baldaquino gótico do s. XV (o único exento das igrexas galegas), retablo maior de granito, interesantes pinturas murais góticas na ábsida (fins s. XIV-comezos s. XV) e varias pezas sepulcrais con armas de diversas familias. Destacan tamén as ferraxes do portalón de entrada, de grande antigüidade.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo

Orden Relixiosa

Orden de Santiago

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!