IGREXA DE SAN XURXO

Relixioso
1419
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Pío XII 19

15001  A Coruña - A Coruña

Coordenadas:
43º 22' 17.9" N - 8º 23' 48.9" W

Descrición

A súa construción realízase en varias fases, todas elas durante o s. XVIII, a excepción da torre sur (1906). Feita en cachotaría. Por pertencer a xesuitas, segue o esquema construtivo do Jesús de Vignola: planta de cruz latina con tres naves separadas por piares, central o dobre de ancha que as laterais. Transepto dunha soa nave e cabeceira con organización tripartita, onde a ábsida central é máis profunda e elevada que os laterais. Naves con bóveda de medio canón, reforzada por arcos faixóns, e no cruceiro bóveda de cucería nervada e lanterna. Ábsida con bóveda de aresta. Os arcos formeros descansan sobre unha orde de estilo dórico. Unha tribuna que percorre todo o recinto, dende onde os xesuitas presenciaban o culto. Fachada principal con corpo saínte con dúas grandes columnas dóricas, que separan tres corpos ornamentados con fornelas. Torres máis atrasadas, de forma que o xogo da plástica barroca teña un maior efecto. Adro ao outro lado da rúa.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!