CATEDRAL DE MONDOÑEDO

Relixioso
4990
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Santiago de Mondoñedo (Santiago)

Praza da Catedral

27740  Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 41.0" N - 7º 21' 46.1" W

Descrición

A Catedral Basílica da Asunción, declarada Monumento Nacional en 1902, empézase a construír en 1219 e conságrase polo Bispo Martín en 1242. O cruceiro e sancristía realizáronse con posterioridade seguindo o estilo gótico. Entre os ss. XVI e XVII abriuse o deambulatorio para obter maior amplitude e prolongáronse as naves laterais, e no XVIII realízase unha importante modificación na fachada coa construción de dúas torres de tres corpos rematadas con cúpulas e engádese un tramo máis a cada lado do cruceiro, polo que resulta un templo amálgama de varios estilos arquitectónicos. De planta rectangular, consta de tres naves, cruceiro, capela maior, deambulatorio rectangular e claustro, fabricada con cadeirado granítico e cuberta con lousa. Fachada coa primitiva portada románica de dúas arquivoltas e seis columnas, rosetón central e dúas torres barrocas a cada lado, coa figura de San Rosendo Obispo (patrón de Mondoñedo) na parte superior. Interior: retablo maior rococó, pinturas murais, coro, órganos e claustro. Tamén desde o interior, ao fondo da nave dereita, accédese ao Museo Cateralicio e Diocesano.

Acceso

Está no centro urbano de Mondoñedo.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!