CAPELA DA NOSA SEÑORA DOS REMEDIOS

Relixioso
No Camiño de Santiago
445

Localización

Avenida Pardo de Cela, s/n

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 37.0" N - 7º 52' 08.9" W

Descrición

Unida á antiga ponte, coa que forma monumento histórico-artístico nacional desde 1961, atópase a capela dos Remedios. Fundada en 1522 por Francisco Méndez, será Alonso Méndez, fillo do anterior, quen a amplía, levando a imaxe de pedra da Virxe dos Remedios.

A fachada é moi sinxela e só locen dous escudos de armas da familia a ambos os dous lados da portada.

A Virxe dos Remedios aínda reúne un notable número de persoas na súa romaría cada 8 de setembro.

No campo onde se sitúa celebráronse múltiples desafíos, foi asentamento de circos ambulantes, praza de touros, sede da primeira eléctrica ourensá, recinto feiral e actualmente está ocupado por instalacións deportivas.

Acceso

Núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Última actualización: 23/03/2017
Arriba