IGREXA DA SANTÍSIMA TRINIDADE

Relixioso
1598
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Padre Jerónimo Feijóo 8

32005  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 19' 58.9" N - 7º 51' 51.0" W
+34 988 253 343

Descrición

Orixinaria dos séculos XII e XIII aínda que as reformas dos séculos XV e XVI lle dan o seu aspecto actual. Fachada con tripla arquivolta de arcos apuntados que arranca de columnas de fuste liso e capiteis de variada decoración.
O exterior do templo está coroado por un remate gótico flamíxero. Os contrafortes e torreóns cilíndricos reforzan o seu aspecto de fortaleza medieval.
O interior presenta planta basilical e a súa capela maior cóbrese con bóveda de crucería con clave moi decorada.
A porta de entrada do adro pertencía ao primitivo hospital de san Roque de época renacentista e o cruceiro é de época plateresca.

Acceso

Núcleo urbano.
Accesibilidade: peonil.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!