IGREXA DE SANTO DOMINGO

Relixioso
1886
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa: Santo Domingo

32003  Ourense - Ourense

Coordenadas:
42º 20' 18.9" N - 7º 51' 47.9" W

Descrición

Convento dominico construído por fundación privada no s.XVII e do cal só se conserva a súa igrexa de estilo renacentista.
Sinxela fachada con portada enmarcada por pilastras acanaladas e sobre elas un frontón con escudo circular sen labra con coroa real. Planta de cruz latina cunha única nave lonxitudinal cuberta con bóveda de crucería e no transepto unha cúpula sobre pechinas.
O altar maior é obra do escultor galego barroco Castro Canseco ao igual que o retablo do cruceiro, con policromados e dourados característicos do s. XVII.

Acceso

Núcleo urbano.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!