PAZO DE RIOMAIOR

Civil
1109

Localización

Parroquia: Senra (San Xulián)

Lugar: Riomaior

15338  Ortigueira - A Coruña

Coordenadas:
43º 39' 57.9" N - 7º 50' 48.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable.
Edifico con planta en forma de U e cuberta de lousa a catro augas. Nun lateral establécense as antigas cortes e a capela cunha pequena espadana. Atópase rodeado de muralla con ornamentación nas pilastras que resaltan a súa entrada.
En canto á ornamentación destaca a estatua xacente do interior da capela, os blasóns coas armas das familias que ocuparon o pazo e dous bustos pétreos da fachada.
Cronoloxía: século XVIII.

Acceso

Estrada AC-862 (Ferrol-Viveiro), saíndo do casco urbano de Ortigueira en dirección Ferrol chegamos á rotonda de Cuíña. Tomamos a primeira saída dirección Ferrol estrada DP-6121, continuamos 200 m e collemos o primeiro desvío á dereita, chegando xa ás inmediacións do pazo.
Arriba
Axúdanos a mellorar!