PORTA DA VILA OU DO CRISTO DO AMPARO

Civil
1192

Localización

Rúa: Rosalía de Castro

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 39' 42.0" N - 7º 35' 35.9" W

Descrición

A antiga muralla de Viveiro estaba formada por seis portas e catro portelos, das que tan só restan na actualidade tres. A porta do Cristo del Amparo é unha de elas, principal entrada á cidade pola antiga calzada romana. Consta de sinxelo arco de medio punto con bóveda de canón, cunha lápida de pedra no seu interior coa seguinte inscrición: "Era M CC L V in tempo R AF", que se transcribe en: "Era 1255 (ano 1217) en tempo do rei Alfonso", referíndose a Alfonso IX. Na súa parte posterior presenta unha vitrina coa imaxe dieciochesca do San Cristo del Amparo - que lle dá nome a esta entrada - e aos seus lados a Virxe chorando e San Juan, do XVI. A porta desemboca na rúa Rosalía de Castro, unha das máis típicas de Viveiro con casas antigas e nobres.

Acceso

Está no núcleo urbano.
Accesibilidade: Peonil, en coche e en autobús.

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!