REITORAL DE SAN PEDRO DE SOANDRES

Civil
796

Localización

Parroquia: Soandres (San Pedro)

Lugar: Convento

15145  A Laracha - A Coruña

Coordenadas:
43º 13' 42.9" N - 8º 29' 36.9" W

Descrición

Casa reitoral de estilo en esencia barroco, construída en granito. Planta rectangular organizada a partir dun patio situado cara ao muro pegado á igrexa do mosteiro, cunha escaleira nun lateral. As estanzas ábrense en dous pisos cara a este patio. Os muros teñen as paredes encaladas, deixando á vista a pedra nos esquinais e os vans. A cuberta resólvese a catro augas en tella curva.

Acceso

Desde AC-552 A Laracha (núcleo urbano), por DP-1913 durante 6 km, tomando o desvío á dereita en PK 3.
Arriba
Axúdanos a mellorar!