PAZO DE SAN ISIDRO

Civil
1528
No Camiño de Santiago

Localización

27740  Mondoñedo - Lugo

Coordenadas:
43º 25' 33.9" N - 7º 21' 12.9" W

Descrición

Edificio situado nunha altura que domina o val en que se sitúa Mondoñedo, de planta irregular formado por unha serie de corpos de planta rectangular que se van pegando, fabricado con muros de cachotería con restos de recebado e con cuberta de lousa. O conxunto de edificacións encerra un patio na parte posterior, con capela e pombal. Antano propiedade dos herdeiros da familia de Aguiar. A capela foi fundada en 1664 polo capitán Fernández de Vaamonde, rexedor de Mondoñedo e señor do couto de Outeiro. A capela é de planta rectangular, destacando no seu interior catro laudas sepulcrais do s. XIX, un retablo maior barroco e un lateral renacentista con esculturas. Todo o recinto se atopa amurallado. Ao lado do pazo existe un pequeno núcleo de casas rurais cos seus correspondentes alpendres.

Acceso

Está no centro urbano de Mondoñedo, cara aos arredores.

Camiños de Santiago

Camiño do Norte

Declaración

Ben de Interese Cultural
Arriba
Axúdanos a mellorar!