FARO DE RONCADOIRO

Civil
3912

Localización

Parroquia: Portocelo (San Tirso)

27877  Xove - Lugo

Coordenadas:
43º 44' 08.9" N - 7º 31' 30.3" W

Descrición

Dado o elevado número de naufraxios acaecidos na costa de Xove, o 24 de xullo de 1974, a Dirección Xeral de Portos autorizou a construción deste faro como enlace entre os faros de San Cibrao e Estaca de Bares, e como luz que permitira un mellor recoñecemento da entrada á ría de Viveiro. Non obstante, o faro non alumeou definitivamente ata o 10 de abril de 1986. O faro consta de torre cilíndrica que culmina na lámpada e elévase 94 metros sobre o nivel do mar.
A vista dende o faro ofrece un excelente observatorio de aves mariñas, así como unha panorámica inmellorable das illas Coelleira, Sarón, Farillóns, así como dos illotes Os Netos. E dos elevados e recortados cantís da Estaca de Bares, e os cantís de papel do Cabo Morás.

Acceso

Dende Xove partimos en dirección Vilapol e de aquí a Portocelo. Dende Portocelo subimos á aldea de Vilachá e alí tomamos o segundo cruce á man dereita, seguimos a pista ata chegar a carón do faro, despois de 1,5 km. aproximadamente.
Arriba
Axúdanos a mellorar!