IGREXA DE SANTA MARÍA DE CAMBRE

Relixioso
No Camiño de Santiago
669

Localización

Parroquia: Cambre (Santa María)

Lugar: Cambre

Rúa: Atrio 1

15660  Cambre - A Coruña

Coordenadas:
43º 17' 31.9" N - 8º 20' 38.9" W

Descrición

Trátase dunha das igrexas máis representativas do románico galego (século XII), con evidentes influencias compostelás. Emprazada no centro do núcleo de Cambre, a igrexa non foi absorbida polos edificios lindantes e dende distintos puntos do seu ámbito axardinado pode gozarse de peculiares perspectivas do templo. Levantada en cadeirado de granito, desenvolve unha planta de cruz latina con tres naves e un deambulatorio con cinco capelas. Na fachada principal destaca a porta con arco de medio punto sustentado por catro columnas con capiteis, arquivoltas ornamentadas (motivos vexetais, elementos xeométricos e escenas bíblicas) e dous machóns con figuras de anxos que sustentan un tímpano decorado con medallón. Entre o arco e o rosetón, imposta adornada con canecillos. Dúas interesantes ventás con arcos oxivais ábrense nos laterais. En interior destacan os piares con catro columnas pegadas da nave central, con decoración en capiteis (motivos vexetais e escenas das escrituras). Entre o mobiliario destaca a pila bautismal, supostamente traída polos Templarios.

Acceso

No núcleo urbano.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Estilos

Románico

Orden Relixiosa

Hoxe sen orde relixiosa

Declaración

Ben de Interese Comunitario
Última actualización: 02/10/2018
Arriba