PAZO DE LORBÉ

Civil
943

Localización

Parroquia: Dexo (Santa María)

Lugar: Lorbé

15177  Oleiros - A Coruña

Coordenadas:
43º 23' 23.6" N - 8º 18' 28.8" W

Descrición

Consta de tres caseróns alongados, flanqueados por unha torre de pranta circular. Nunha das fachadas, visible dende o exterior do recinto, consérvase o escudo familiar enmarcado por molduras barrocas. A torre é un anexo ó edificio orixinal, a cal posiblemente foi construída en dúas etapas.
Propiedade privada non visitable.

Acceso

Dende Oleiros toma a estrada cara a Mera. De alí séguese pola estrada cara a Sada. A 3 km está Lorbé. Alí preguntar polo pazo.

Arriba
Axúdanos a mellorar!