PAZO DE ROMELLE

Civil
1528

Localización

Parroquia: Loroño (Santiago)

Lugar: Romelle

15856  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 05' 08.0" N - 8º 55' 39.9" W

Descrición

Propiedade privada non visitable. O Pazo sitúase nunha fermosa panorámica. Rodeado dunha alta muralla ameada. Na parte de atrás hai uns fermosos xardíns barrocos. Planta rectangular con torre ameada e corpo central. Edificio de baixo máis un e na torre baixo máis dúas. Ten as armas dos Caamaño e Ribadeneira. Muros de cantería. Cornixa de pedra labrada. Cuberta de tella curva. Porta con doelas. Escudos en fachada principal e na capela. Galería en ao fachada posterior. Escalinata de cantería.

Acceso

O pazo está situado a uns 3 quilómetros do núcleo municipal. Para chegar hai que coller a estrada que leva ao lugar de Santo Adrián de Castro, unha vez aquí hai que xirar lixeiramente á dereita cara Berbia. Aproximadamente a un quilómetro atoparemos o pazo a man esquerda.
Arriba
Axúdanos a mellorar!