CASA GRANDE DE MORMENTELOS

Civil
663
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Mormentelos (Nosa Señora da O)

Lugar: Mormentelos

32557  Vilariño de Conso - Ourense

Coordenadas:
42º 13' 17.9" N - 7º 12' 03.4" W

Descrición

Esta casa non visitable ao público, apenas conserva a súa forma orixinal, xa que os seus donos a reformaron case completamente, manténdose só intacta parte da fachada principal que mira cara a rúa principal, dela a parte que semella maior interese é a pequena capela, hai tempo transformada en cantina que xa non se abre ao público. A capela conserva unha particular espadana de arco sobre o poderoso corpo base, e un sobranceiro brasón nobiliario, que contén as armas dos Losadas e dos Gayoso.

Acceso

O acceso é a través da estrada que vai de Vilariño a Manzaneda con enlace por enriba do pobo de San Cristobo dirección Mormentelos. A edificación está situada na rúa principal de entrada ao pobo, sobre a metade da rúa.

Camiños de Santiago

Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!