FESTAS PATRONAIS DE SAN ROQUE

Festas de interese turístico
1464
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 14/08 - 25/08

Localización

Betanzos - A Coruña

Coordenadas:
43º 16' 46.0" N - 8º 12' 37.0" W

Descrición

Á sombra das árbores e dos toldos, a bordo de orixinais embarcacións, engalanadas para a ocasión con banderíns, grilandas e farois, grupos de mozos e mozas amenizan coa súa troula –comida e viño a esgallo– a romaría no Campo dos Caneiros, na parte alta do río Mandeo. A navegación polo tramo que separa o núcleo de Betanzos desta parte alta do río é unha auténtica troula, chea de colorido e de bo humor. O embarque, animado con música de charanga, faise no Paseo da Tolerancia. Pola tarde, remonta o Mandeo a embarcación municipal, coa comitiva da raíña das festas e as autoridades, que se unen á romaría, e durante toda a xornada o río é un ir e vir de lanchas e pneumáticas a motor. De volta, a festa e a troula continúa na verbena na Praza dos Irmáns García Naveira.
Dentro da programación das festas patronais de San Roque, teñen lugar dúas xiras aos Caneiros: unha semana antes do remate das festas, e o último día das festas. Ao regreso dos Caneiros, ten lugar na Ponte Vella unha tiraxe de lumes artificiais.
Os tres días grandes das festas de Betanzos son os dous das xiras fluviais e o día 16, festividade de San Roque. Nesta data ten lugar outro dos actos máis típicos destas festas de Betanzos, seguido por milleiros de betanceiros e visitantes: o corte de amarras e o ascenso do globo de papel máis grande do mundo, ao que segue a queima da clásica fachada de San Roque e unha sesión de lumes de artificio.

Para non perderse:
Embarque dos romeiros nas súas singulares barcazas a ritmo de charanga no Paseo da Tolerancia.

Camiños de Santiago

Camiño Inglés

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!