ARDE LUCUS

Festas de interese turístico
5387
No Camiño de Santiago
Datas de celebración: 22/06 - 25/06

Localización

27001  Lugo - Lugo

Coordenadas:
43º 00' 35.0" N - 7º 33' 18.0" W

Descrición

O Arde Lucus viu a luz no ano 2002 co obxectivo primordial de rememorar a fundación da cidade de Lugo a través da recreación do seu pasado romano. Ligado ao solsticio de verán, neste acontecemento conxúganse os aspectos lúdicos e culturais coa maior rigorosidade histórica posible. O seu recinto amurallado transfórmase cada ano durante tres días en Lucus Augusti, destacada urbe da Gallaecia romana que ofrece a quen a visita un variado programa de actividades.
A Muralla cobra durante a festa un especial protagonismo, así como as xentes que habitan a cidade e que participan activamente do espírito festivo ao tomar as rúas, xa sexa con roupas romanas ou castrexas. Ademais da recreación histórica, Lucus Augusti ofrece aos participantes unha boa oferta da gastronomía luguesa.
Concello, cidadanía, asociacións de recreación histórica e diversos organismos privados fixeron posible que o Arde Lucus medrase con forza dende a súa primeira edición ata recibir na actualidade a medio millón de visitantes.
Punto de reunión por antonomasia, o mercado (Macellum) é un fervedoiro constante de actividade. A Praza Maior é o escenario idóneo para trasladarse no tempo ata o século I. Ata a Cohors I Lucensium instala o seu campamento nesta praza, salvagardando a seguridade da cidadanía do imperio.
Outra localización que o visitante do Arde Lucus debe contemplar é o campamento onde lexionarios e gladiadores, xentes de Lucus Augusti e doutras zonas do imperio, conviven e comparten espazo con diferentes tribos castrexas. O circus, o asentamento Galaico, e o Romanus Theatrum, na Praza de Santa María, auténtico centro cultural da festa, son outros espazos que paga a pena visitar.

Destacado: A intensa actividade no Macellum.

Camiños de Santiago

Camiño Primitivo

Outras características

Folclóricas
Festas Festas de interese turístico Festas de interese turístico internacional
Arriba
Axúdanos a mellorar!