SEMANA SANTA DE CANGAS

Festas de interese turístico
1520
Datas de celebración: 22/03 - 01/04

Localización

Cangas - Pontevedra

Coordenadas:
42º 15' 51.9" N - 8º 47' 06.9" W

Descrición

A máis solemne manifestación de relixiosidade en torno á Paixón de Cristo que ten lugar na provincia de Pontevedra son as procesións de Semana Santa de Cangas, que contan con pasos de gran valor histórico-artístico e imaxes articuladas, como a do Nazareno da procesión do Santo Encontro ou o Cristo da cerimonia do Descendemento, que lles dan aos actos un emotivo realismo.

As celebracións relixiosas comezan xa o Venres de Paixón, coa festividade de Santísima Virxe das Dores (festa local). Moi vistosa é a procesión do Xoves Santo, co Paso da Mesa, que representa a última cea, con produtos naturais, o da Oración no Horto das Oliveiras e o da Flaxelación, un fermoso conxunto artístico ao que segue baixo palio, pechando a procesión, a Virxe das Dores.
O Venres Santo sae pola mañá a procesión da Negación de San Pedro, notable pola afluencia de xente nova, que leva a imaxe de San Pedro ao redor dos Xardíns de J. Félix Soage Villarino, e participa ao final dunha gran chocolatada. A mediodía, o centro da localidade énchese de xente que acode á procesión do Santo Encontro. A medida que se vai relatando a pasaxe histórica da subida ao monte Calvario, van aparecendo as imaxes dos protagonistas dela: San Xoán, A Verónica, María Magdalena, María Cleofás, María Salomé e a Virxe das Dores. O Nazareno, acompañado do Cirineo e de soldados romanos, cae tres veces grazas a un sistema de articulación.
Música de gaitas e redobres de tambores acompañan o paso lento dos costaleiros, dos penitentes e dos confrades, estes cos seus tradicionais estandartes, túnicas e caparuchos, en procesións nas que non faltan os centurións romanos, perfectamente ataviados. As procesións (ata catro teñen lugar o Venres Santo) destilan solemnidade e recollemento e son contempladas con contida emoción por numeroso público amontoado nas beirarrúast.

Para non perderse:
Procesión do Santo Encontro, co paso das Caídas do Nazareno, coa figura de Xesús articulada

Outras características

Relixiosas
Festas Festas de interese turístico Festas de Galicia de interese turístico
Arriba
Axúdanos a mellorar!