IGREXA PARROQUIAL DE SANTA MARÍA DE MIRA

Relixioso
221

Localización

Parroquia: Mira (Santa María)

Lugar: Mira

15855  Zas - A Coruña

Coordenadas:
43º 06' 12.9" N - 8º 54' 00E-" W

Descrición

Construída no s. XVIII, pero sofre importantes reformas no s. XX. Ten unha nave de planta de cruz latina, muros revestidos e cuberta a dúas augas con tellado de tella. A fachada ten unha porta alintelada, unha ventá con arco de medio punto e un óculo. Sancristía pegada a un dos laterais da nave. Espadana dun corpo, con tres vans, dous arcos de medio punto e está coroada por un frontón triangular rematado por pináculos e unha cruz. Ten un retablo do s. XVIII no interior.

Acceso

Dende a capital municipal, tómase a estrada cara a Gándara. Antes de chegar ao lugar de Ventoselo xírase á dereita cara a Mira.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.
Última actualización: 29/11/2018
Arriba