CASA DE CASTELAO

Civil
No Camiño de Santiago
252

Localización

Parroquia: Rianxo (Santa Comba)

Lugar: Rianxo

Rúa: De Abaixo s/n

15920  Rianxo - A Coruña

Coordenadas:
42º 39' 03.9" N - 8º 49' 08.9" W

Descrición

Casa de Castelao, mercada polo seu pai ao voltar da emigración e que estivo habitada ata o ano 2000 pola sáu irmá Tareixa. Típica edificación urbana das vilas mariñeiras galegas de finais do s. XIX e comezos do s. XX. Na fachada principal destacan os balcóns e a galería, e pódese ver diversas placas de homenaxe ao autor, mentres que na cara sur da vivenda aínda se manteñen as cunchas de vieira que servían de protección contra a chuvia. Na mesma rúa tamén se atopan as casas de Manuel Antonio e Rafael Dieste. Foi declarado BIC e na actualidade é de propiedade privada sen posibilidade de realizar visitas.

Acceso

No mesmo núcleo.

Accesibilidade

Peonil e/ou en autobús e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Ruta do Mar de Arousa e Ulla

Declaración

Ben de Interese Comunitario
Última actualización: 17/11/2017
Arriba