PR-G 103 SENDEIRO DOS PETROGLIFOS DE COBRES

Sendeirismo
2212
No Camiño de Santiago

Localización

Vilaboa - Pontevedra

Coordenadas:
42º 20' 09.3" N - 8º 39' 19.7" W

Descrición

Esta ruta circular principia na parroquia de Santa Cristina de Cobres, no núcleo rural denominado Areeiros. Por detrás da casa rural coñecida como «Os Areeiros», iniciamos o percorrido a través dunha pista forestal que discorre á beira dalgunhas leiras e que, pouco e pouco, se interna nunha masa boscosa onde se amosarán as primeiras mostras dos petróglifos, a ambos os lados do camiño.
Despois destas primeiras descubertas, recoméndase coller a derivación ao Miradoiro de Acuña, dende onde se poderá contemplar unha espectacular panorámica sobre a Ría de Vigo.
Tras regresarmos á ruta principal, a uns 900 m, o sendeiro sepárase da pista forestal e ascende por un camiño ata chegar ao barrio de Vilar. Tras cruzar este pequeno núcleo de casas, chégase a un pequeno curuto onde se sitúan varios petróglifos. Dende aquí, o vieiro baixa de novo cara á casa de turismo rural.

Acceso

N-550 entre Pontevedra e Redondela, desviarse en Vilaboa pola N-554 e, unha vez en Cobres, tomar o desvío a Areeiros.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués
Camiño Portugués da costa

Lonxitude

3,32 km. (A ruta principal mide 2,936 km e a derivación de ida e volta 384 m).

Punto de partida/chegada

Areeiros (Vilaboa) - UTM:29T X:528389 Y:4687131

Percorrido

Casa Rural de Os Areeiros, Vilar, Chan da Rúa, Calverte e Casa Rural de Os Areeiros.

Dificultade

Baixa

Duración

1 hora.

Servizos

En Areeiros de turismo rural. Fóra da ruta, en Vilaboa e Cobres.

M.I.D.E.

Esforzo M.I.D.E.:
Itinerario M.I.D.E.:
Desplazamento M.I.D.E.:
Medio M.I.D.E.:

Acceso en bicicleta

Apto totalmente

Acceso a cabalo

Apto totalmente

Cartografía I.G.N. (1:25:000)

185-IV Soutomaior.

Máis información

Concello de Vilaboa
Tel.: 986 708 215/ Fax: 986 708 387
info@vilaboa.org
www.vilaboa.org

Tipo de percorrido

Pequeno percorrido

Interese

Interese xeral

Plano

Data de recollida inicial: 01/08/2019
Arriba
Axúdanos a mellorar!