CASTELO

Áreas de recreo e miradoiros
2399

Localización

Parroquia: Landrove (San Xiao)

27850  Viveiro - Lugo

Coordenadas:
43º 36' 42.2" N - 7º 36' 51.6" W

Descrición

Situado a 485 m de altitude na parroquia de Landrove; este monte ofrece unha das vistas máis singulares de Viveiro e a súa ría. Dende os seus miradoiros divísase o val de Landrove e Galdo coa cidade de Viveiro ao fondo, Bravos e os quince outeiros que rodean o val. O cumio conta cunha área recreativa de fermosas formacións de rochas e coa capela de San Martín onde se celebra unha romaría de grande tradición porque a auga da choiva que permanece entre as rochas erosionadas ao pé da ermida considérase dotada de propiedades curativas para enfermidades relacionadas coa vista, o oído e a cabeza.

Non dispón de moito aparcadoiro.

Situación

Peonil, en coche. O acceso é por unha pista forestal.
 
Arriba
Axúdanos a mellorar!