IGREXA PARROQUIAL DE SAN MARTIÑO DE BERSELOS

Relixioso
991

Localización

Parroquia: Berselos (San Martiño)

Lugar: Berselos

27680  Baralla - Lugo

Coordenadas:
42º 50' 52.0" N - 7º 17' 20.9" W

Descrición

Construída a finais de o s. XII - principios do s. XIII. Ten unha nave de planta rectangular. Destaca unha porta con arquivolta dórica, rodeada de xadrezado, con catro columnas acodilladas de capiteis decorados e unha inscrición. Tímpano semicircular historiado sobre batentes. Sobre a porta hai unha estreita ventá arqueada con dúas columnas pegadas e capiteis adornados con motivos vexetais.

Acceso

Saíndo de Barralla cara a Pobra de Xiao a medio camiño, en Riba de Neira debemos coller a estrada da esquerda que conduce directamente á Igrexa.
Arriba
Axúdanos a mellorar!