mailto:?subject=Envio de contido de Turismo de Galicia: O INVERNADEIRO&body=Recoméndoche que leas a información O INVERNADEIRO extraída do portal de Turismo de Galicia na páxina https://www.turismo.gal/recurso?cod_rec=9626%26langId=gl_ES
Lección de montaña
Non existen asentamentos humanos dentro dos
límites do Invernadeiro. Todo é natureza. A súa
historia vén de antigo, sempre como propiedade
non dividida desde a Idade Media, dedicada
daquela ao pastoreo e á caza. A mediados do
século pasado converteuse nunha zona autorizada
de repoboacións forestais ata que no ano 1981
sufriu un incendio e cambiou o seu destino. Das
cinzas renaceu cunha aposta pola recuperación
ambiental que se consolidou definitivamente no
verán de 1997 coa súa declaración como Parque
Natural. Na actualidade é unha das mellores aulas
da natureza da comunidade para coñecer con
intensidade a vida do Macizo Central ourensán.
As vellas montañas galaicas, que superan nas
estremas do parque os 1.500 metros de altitude,
combinan o encanto agreste da rocha coa
suavidade dos grandes volumes arredondados. Son
as serras propicias para acoller gran parte da vida
salvaxe representada na súa cúspide polo lobo e as
súas presas corzo e xabaril. Os ríos, igual ca en
tempos primitivos os glaciares, viven neste espazo
o gran momento da montaña. Os cauces xemelgos
Ribeira Grande e Ribeira Pequena poñen o ritmo
fluvial.
Acceso
Ao Parque desde Verín pola estrada comarcal
OU-114 de Laza, e alí tomar o desvío a
Campobecerros. Para o Macizo Central, polo
norte, a estrada C-536 con desvíos en O Castro
de Caldelas ou na Pobra de Trives para chegar
a Manzaneda. Para o Canón do Bibei, polo
leste, estrada C-533 Petín-A Gudiña e desvío
ao santuario das Ermidas.
Camiños de Santiago
Vía da Prata
Situación
Parque Natural, integramente no concello de
Vilariño de Conso.
O Macizo Central abrangue a área montañosa
das comarcas centrais ourensáns, nos concellos
do Bolo, Chandrexa de Queixa, Laza,
Manzaneda, A Pobra de Trives, Viana do Bolo,
Vilariño de Conso, Quiroga, Larouco e
Montederramo.
O Bidueiral esténdese entre os concellos de
Montederramo e Vilar de Barrio.
Superficie
5.722 ha. LIC: 46.829,43 ha. LIC “Bidueiral de
Montederramo” 1.948,55 ha.
Servizos
Aloxamento e comida nas localidades dentro
do LIC Macizo Central.
Sen pérdida
Cómpre solicitarmos con antelación o permiso de acceso e efectuar todos os percorridos a pé polas rutas marcadas. As
visitas para grupos realízanse a partir dun mínimo de cinco persoas. É amplamente recomendable para grupos escolares
e outros colectivos a aula da natureza da Ribeira Grande e as súas actividades. Ofrece unha experiencia única, illados na
natureza percorrendo os grandes terreos de caza do lobo. Algunha destas rutas permite observar un abraiante circo glaciar
e varias fervenzas como a de Arcos.
Na Ribeira Pequena salienta a ruta dos cercados que nos achega aos espazos dos cervos e outros ungulados en
semiliberdade. Son precisamente cervos, cabras do monte, gamos, rebezos, muflóns as estrelas do parque. Habitan espazos
valados que facilitan o control das poboacións e fai do seu albiscamento unha das experiencias de máis grato recordo dos
visitantes.
Macizo Central
O Invernadeiro é o corazón dunha vasta zona montañosa practicamente despoboada. As maiores elevacións atópanse na
Serra de Queixa, que ostenta o punto máis alto na estación de montaña de Manzaneda (1.782 m), e na Serra de San
Mamede (1.619 m). Rexistran abundantes precipitacións en forma de chuvia e neve, pero tamén importantes períodos
estacionais de seca.
Desde A Pobra de Trives podemos ascender ata a estación invernal de Manzaneda con múltiples opcións turísticas xa que
non limita a súa actividade tan só á temporada de esquí. É o punto de partida de varias rutas de sendeirismo á busca da
antiga actividade glaciar da montaña. Tamén podemos optar por continuar ata Celeiros, capital municipal de Chandrexa
de Queixa.
Na outra vertente do macizo, dúas son as posibilidades. Por unha banda, no concello de Vilariño de Conso, os encraves de
Pradoalbar, onde o río enche o val de gran beleza; e Chaguazoso, onde veremos unha espectacular morena glaciar e a
fervenza do río Cenza.
Natureza senlleira
Boa recuperación do estrato
arbóreo e dos piñeirais. Ao
abeiro de abruptas abas,
consérvanse bosques maduros
de carácter autóctono.
Excelente representación
arbustiva de media montaña. A
fauna presenta a pirámide
trófica completa.
Bioindicadores da saúde dos
ecosistemas fluviais como a
lontra e outras especies aínda
máis escasas a nivel ibérico.
Información e equipamentos
Para visitar el Parque Natural, permiso expedido por escrito por la Consel. Medio Rural de Ourense