CRUCEIRO DA SANTÍSIMA TRINDADE

Etnográfico
No Camiño de Santiago
294

Localización

Parroquia: Baiona (Santa María)

Lugar: Baiona

Praza Santísima Trinidad

36300  Baiona - Pontevedra

Coordenadas:
42º 07' 00.1" N - 8º 50' 42.9" W

Descrición

Así chamado por situarse na barriada deste nome, na calzada romana, posteriormente chamada Estrada Real. A súa data de realización lévanos ao século XV, sendo realizado en granito. A Cruz presenta no seu anverso a figura de Cristo crucificado e no reverso unha imaxe mariana. Así mesmo, unha grande lousa de 1,12 mts. situada a 1,02 mts. de altura do piso servía de altar para celebrar misa en tempos de peste para os habitantes do Val Miñor e para as tripulacións dos navíos fondeados na ría. Destacan no seu conxunto un grupo de dez figuras bíblicas en pedra policromada. Todo iso inserto nun baldaquino de forma piramidal con estruturas cilíndricas alongadas nos seus extremos rematadas en bólas.

Acceso

Núcleo capital municipal.

Accesibilidade

Peonil e/ou en coche.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Última actualización: 19/11/2018
Arriba