SERRA DA GROBA

Espazos naturais
3787
No Camiño de Santiago

Localización

Pontevedra

A Guarda | Baiona | Oia

Coordenadas:
42º 02' 18.6" N - 8º 50' 06.3" W

Descrición

O que nos mapas figura cun litoral case rectilíneo, desde o cabo Silleiro ata a punta de Santa Tegra, nos concellos de Baiona, Oia e A Guarda, convértese in situ nunha costa de múltiples recortes graníticos orlados de salseiros onde a única recta é o horizonte mariño. A serra arrímase todo o que pode ao Atlántico e ofrece miradoiros como o do Cortelliño, situado no camiño do alto da Groba (663 m), a once quilómetros de Baiona, onde a paisaxe se explica por si mesma. A bocana da ría de Vigo coas illas Cíes adquire unha perspectiva novidosa desde este extremo meridional.
Ademais de paisaxes, A Groba é coñecida por outros aspectos da vida e da arte. Acolle a máis importante concentración de cabalos de raza galega en liberdade. A ruta dos curros guíanos ata as parroquias de Torroña e Mougás, no concello de Oia.
E da arte rupestre. Posúe unha das concentracións de rochas gravadas máis numerosa de Galicia. De Baiona parte A ruta dos petróglifos ata Campos e Outeiro dos Lameiros, pero existen moitas outras laxes como o grande labirinto da pedra escrita de Burgueira, A Cabeciña en Mougás ou a pedra do cazador en Pedornes.
Despois dos percorridos pola serra, tamén eran moi buscadas no verán as pozas para baño e refresco dos camiñantes.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Natureza Espazos naturais Outros espazos naturais
Arriba
Axúdanos a mellorar!