CARNOTA-MONTE PINDO

Espazos naturais
2790
No Camiño de Santiago

Localización

A Coruña

Carnota | Cee | Dumbría | Mazaricos

Coordenadas:
42º 54' 26.7" N - 9º 06' 44.8" W

Descrición

Un “Olimpo” particular
Praias, dunas e marismas; cantís, illas Lobeiras e reserva mariña; o río Xallas coa lendaria fervenza de Ézaro, o Olimpo celta do Pindo coas súas esculturas naturais en granito, Punto de Interese Xeolóxico nacional… Todo isto forma un dos espazos litorais máis variados da comunidade, onde o natural reborda grandeza.
A praia de Carnota pasa por ser a máis extensa de Galicia. O areal, de sete quilómetros de longo por medio de largo prolongado en dunas, ábrese nunha canle na zona norte por onde penetra o mar creando unha chaira intermareal de gran produtividade natural. Da fertilidade da veiga contigua ás marismas dan testemuño os soados hórreos ou cabaceiras de Carnota. Son os depósitos de gran e almacenamento hortícola máis longos de Galicia.
O Monte Pindo érguese 627 metros a escasos dous quilómetros do mar. Ao camiño de subida ata o cume da Moa cómpre dedicarlle un par de horas e moita precaución, sobre todo na baixada. O sendeiro está vixiado polas figuras pétreas de formas humanas como o “guerreiro” e outros castelos de granito que poñen a proba a gravidade e a imaxinación.
De máis doado acceso é o lugar onde o Xallas se precipitaba sobre o mar en forma de fervenza antes da represa do río augas arriba. Cando en datas sinaladas da temporada turística se abren as comportas do encoro, aínda se pode admirar a bravura dun dos cadoiros únicos en Europa. Por todo isto, O Pindo é un particular Olimpo Celta. Baseado ademais na similitude fonética co grego monte Pindhos.
Existe tamén pola costa de Carnota unha iniciativa pioneira: é o turismo mariñeiro para a revalorización da pesca artesanal e a creación dunha reserva mariña habilmente promovida pola propia Confraría de Pescadores de Lira.

Acceso

A estrada C-550, entre Cee e Carnota.

Camiños de Santiago

Camiño de Fisterra-Muxía

Situación

Concellos de Cee, Dumbría, Mazaricos e Carnota, na Coruña.

Superficie

4.628,87 ha., das cales 438 ha de augas mariñas.

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Outras características

Avistamento de paxaros
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000
Arriba
Axúdanos a mellorar!