RÍO LANDRO

Espazos naturais
715
Natureza Espazos naturais ZEC - Rede natura 2000

Localización

Coordenadas:
43º 38' 49.6" N - 7º 36' 27.1" W

Descrición

Antes de se entregar definitivamente ao mar tras as pontes de Viveiro, o Landro minora a súa velocidade en sucesivos meandros que cinco quilómetros augas arriba, ata Landrove, aínda reciben a influencia das mareas. Desde o miradoiro de San Roque (375 m) admíranse boa parte deste territorio de gándaras e da ría de Viveiro, con mar e montes como protagonistas nunha éxtase de verdes e azuis.
Alén da zona húmida mencionada, o curso fluvial abrangue ata dezaseis quilómetros terra dentro e os do seu pequeno afluente río Bravos. Figura entre os ríos salmoeiros do norte e a calidade das augas mesmo permite a existencia dunha comunidade viable de mexillón de río. As ribeiras están ocupadas por frondosas masas arbóreas entre as que destaca o eucalipto, cunha introdución na zona xa histórica (Ver Monumento Natural Souto da Retorta).

Servizos

Aloxamento: Si.
Comer: Si.

Superficie

88,94 ha.

Situación

Concellos de Viveiro e Ourol, na Mariña Occidental de Lugo.
Última actualización: 04/05/2015
Arriba