CRUCEIRO DE SAN PEDRO DE DONAS

Etnográfico
727
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Donas (San Pedro)

Lugar: Donas

15882  Boqueixón - A Coruña

Coordenadas:
42º 47' 41.0" N - 8º 23' 06.0" W

Descrición

Cruceiro de base cuadrangular sobre dúas gradas de sección cadrada, capitel cuadrangular e fuste octogonal, realizado en formigón. Posúe cruz cuadrangular de brazos con chafráns, coas imaxes de Cristo crucificado con tres cravos, cabeza para diante, mans pechadas, con coroa de espiñas e pano de pureza anoado á dereita no anverso e a virxe co Neno sobre peaña de dous anxos con ás no reverso.

Acceso

Dende a estrada AC-960 dende o lugar de Camporrapado, seguindo as indicacións cóllese a estrada á dereita que leva ata esta parroquia. O cruceiro sitúase na entrada do lugar de Donas.

Camiños de Santiago

Camiño de Inverno
Vía da Prata
Arriba
Axúdanos a mellorar!