BASÍLICA DE SAN MARTIÑO

Relixioso
1975

Localización

Parroquia: San Martiño de Mondoñedo (San Martiño)

Lugar: O Caritel

27787  Foz - Lugo

Coordenadas:
43º 33' 39.9" N - 7º 18' 11.9" W

Descrición

Igrexa construída nos ss. XI-XII sobre un antigo templo prerrománico do s. X, antano sede episcopal da diocese mindoniense e considerada a igrexa máis antiga de España (s. VI). Fabricada con cachotaría luosenta e cadeirado granítico e cuberto con lousa, é de planta basilical de 3 naves con cruceiro, 3 ábsidas semicirculares e casa reitoral pegada en lateral dereito. Fachada con porta de arco abucinado de medio punto con 2 arquivoltas e 4 columnas, dúas delas de forma visigótica, con tímpano con crismón e año con cruz, ventá de arco dobrado e inscrición do XI sobre a porta, e torre-campanario dun corpo pegada en lateral dereito. Grande riqueza de canecillos. Interior: capiteis historiados, retablo pétreo do altar maior (peza única), pinturas murais do século XII das máis antigas de Galicia e tamén góticas, sepulcro e Tesouro de S. Gonzalo. Monumento Nacional.

Acceso

Dende Foz entrando pola N-642 e logo tomar un desvío en Vilaxoane, despois da rotonda de entrada á esquerda pola estrada de San Brais; aproximadamente a 5 km atópase a basílica de San Martiño.

Accesibilidade

Acceso a pé, en coche ou autobús.

Declaración

Ben de Interese Comunitario
Última actualización: 13/11/2018
Arriba