IGREXA PARROQUIAL DE SAN XOÁN DE LAIA

Relixioso
870
No Camiño de Santiago

Localización

Parroquia: Laia (San Xoán)

Lugar: Laia

27205  Palas de Rei - Lugo

Coordenadas:
42º 54' 09.0" N - 7º 52' 08.9" W

Descrición

Igrexa sinxela de construción popular. A nave é rectangular, con presbiterio na cabeceira, de planta tamén rectangular, ao que se pega no lateral esquerdo a sancristía de pequenas dimensións. Os muros son de cachotaría e cadeirado de granito, e a cuberta a dous e tres augas. Á nave accédese dende unha única portada principal, alintelada. O presbiterio sepárase da nave por medio dun arco triunfal de aresta, e aos pés da nave hai un coro alto con piso de madeira. No interior da nave hai unha lápida con escudo da Casa de Laia, cos xaqueles dos Ulloa, piñeiro e fouce dos Piñeiro e cinco franxas con flores de lis e roda de Santa Catalina dos Varela.

Camiños de Santiago

Camiño Francés
Camiño Primitivo
Arriba
Axúdanos a mellorar!