CASA PRUDENCIO NANDÍN

Civil
1019
No Camiño de Santiago

Localización

Praza de Compostela 14

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 19.9" N - 8º 43' 16.9" W

Descrición

Edificio proxectado por Jenaro de la Fuente Domínguez e construído en dúas fases: a primeira en 1892 e a segunda en 1900, aínda que de tal maneira que constitúen un conxunto. É un edificio ecléctico e moi ornamentado con grandes releves, equilibrado ritmo nos seus ocos, resalte dos recercados, columnas pareadas con pilastras e balcóns centrais abalaustrados con formas rectangulares e circulares entrelazadas en pedra. Orixinalmente tiña catro plantas e un faiado, pero este foi transformado despois nunha quinta planta. Caracterízase por ser un edificio simétrico cun corpo central sobresaínte e resaltado con almofadado e pilastras acanaladas e pareadas sobre plintos con aneis formando os ordes: toscano na primeira planta, xónico na segunda e corintio na terceira planta.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!