CASAS PARA ÁLVARO LÓPEZ MORA

Civil
1184
No Camiño de Santiago

Localización

Rúa Colón 29-31

36201  Vigo - Pontevedra

Coordenadas:
42º 14' 11.0" N - 8º 43' 11.9" W

Descrición

Edificio proxectado en 1908 por Jenaro de la Fuente Domínguez. O que leva o número 29 foi modificado por José Franco Montes en 1917, que lle engadiu dúas bufardas laterais. Ambos edificios foron concibidos baixo enfoques eclécticos (simetrías, balcóns clásicos illados e corridos, pilastras, cornixas, etc). A decoración é modernista, con liñas curvas nos vans e os sobrelinteis. Outros elementos decorativos son: a figura da omega na arcada da entrada principal partida por dúas columnas, cintas que se pregan e retorcen nos sobrelinteis das portas da planta baixa e recursos florais e vexetais en todas as plantas.

Camiños de Santiago

Camiño Portugués da costa
Arriba
Axúdanos a mellorar!